Monday 06 de May de 2024

Obradoiro de reflexoloxía podal para bebés, este sábado en Ordes


Ao longo de toda a mañá impartiranse coñecementos terapéuticos relacionados con patoloxías como cólicos lactantes, refluxos, catarros, otites, conciliación do sono etc
Este sábado, 12 de novembro terá lugar en Ordes un obradoiro de reflexoloxía para bebés. Concretamente desenvolverase de 10 a 14 horas no local social situado na rúa Reconciliación. As persoas que queiran participar aínda están a tempo de inscribirse no Departamento de Cultura do Concello. Os coñecementos que se impartirán centraranse nas zonas reflexas dos pés e en como traballar con eles para solucionar problemáticas relacionadas cos cólicos lactantes, refluxos, catarros, otites, farinxites, conciliación do sono etc. O prezo é de 50 € por persoa.